30 julio 2006

Comunicación a 12 céntimos

Agora que sabemos ben o que nos custa chamar, coñecemos o noso horario reducido e os céntimos exactos investidos nunha chamada de seis minutos, agora medimos o custo de comunicarmos.
Unha mensaxe curta, 12 centimos, é idonea para non demostrar demasiado interese nin demasiada indiferencia.
Por que ninguén quere mostrar demasiado interese nin demasiada indiferencia, non se leva.
Esta comunicación baixo mínimos e coma os bicos rápidos, case formáis que hai que dar ainda que non queras.
E están realmente ben, porque o seu éxito abrumador reflexa o ritmo da nosa sociedade e o formato en que imaxinamos xa case todo: cousas rápidas, resumidas, moitas e moi diferentes , que nos afasten do aburrimento e que precisen dunha implicación tirando a baixa.
Así que da igual que a maioría sexan estandarizados, e tan absurdos que contestes por que so son 12 céntimos, o que importa é que signifacan que estás ahí, en rede.

Aprende inglés en 1000 palabras, te quiero en 2 sms.

09 mayo 2006

Eu sin a cámara

Oxe paséi polo parque de sempre, o de enfrente.
Unha estampa fantástica estaba disposta nos bancos, os de sempre:
En dous grupos, en dous bancos, estaban sentadas persoas ociosas, relaxadas.
Todas mal sentadas agas tres.
Coas pernas metidas entre o respaldo e o apoiacus, colgando nun movemento infantil, a maioría lle daba á espalda ao parque, mirando para o seto.
Unha muller de lado, tapando media cara co periódico enrrugado, abanico.
As outras duas de frente, alleas ao grupo no que estaban inmersas, confinadas na sombra do paraugas.

Día de sol, espaldas quentes.

09 abril 2006

Naska Mosnikoff

Xeralmente, estou máis a gusto cos nenos pequenos, cos vellos e cos animáis (quitando os gatos, que semellan impredecibles de unllas longas), que con xente da miña idade.
Incluso sinto un interese anormal polos maiores; polo orde das suas casas, polos seus tesouros e segredos, porque ainda saben facer cando eu soamente sei mercar...Cáenme ben.

En parte por esta tara miña, e en parte por que é soberbia, flipéi con Naska Mosnikoff. A Koltta máis vella do mundo e fantástico persoaxe da novela O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS de Arto Paasilinna.

Gracias ao libro de rinoceronte, puiden sobrelevar exemplarmente as máis de seis horas que se emplean en ir e voltar de Vigo, se é que vives na Coruña e viaxas no tren rexional, Orient Express, que lle cede o paso a canta vaca ten a ben cruzar a vía.

Gracias a Naska e a Arto, rompín a rir varias veces, desconcentrando á rapaza da miña idade que viaxou no asiento contiguo. Mirábame molesta e polo baixo nun xesto nervioso; comprensible vendo que ela adicaba as horas da travesía dun venres pola noite a estudiar un libro sobre esquemas de circuitos electrónicos.
Así a todo deille un donete, e aceptou.

04 abril 2006

Do grosor dun fio, son as distancias.

De vez en cando miro, non podo evitalo, aos que miran lonxe.
En frente, no tren, ela enfocaba o cristal de fondo cambiante, co rostro quieto. Miraba tan lonxe que non miraba, por iso eu non saberéi nunca o que busca.

De tan pegados que durmiron, de tan sudados, untados...de tan, ficaron lonxe.Tan lonxe como os dous extremos da cama no inverno, estaban a cabeza del da mente dela.
Disque a primeira vez que te cuestionas se amas a alguen, é que non o amas. Ela sabía inconscientemente que non, de sempre. E él tan so pensaba que ela miraba lonxe.

Cando fixen aquel camiño por primeira vez, era distinto. Non o camiño, que é sempre igual, senon eu. Fun con pasos de aire. Camiñei coa mente traballando, asimilando; camiñei coa mente. Así que non me cansei, nin aburrín, nin pensei cánto lle quedará a este camiño, por que no intre en que reparei na distancia, xa chegara.

22 febrero 2006

Rompéuseme a televisión,
agora fico queda
ollando pra ó inanimado.

O silencio penoso,
coma alaridos de can moribundo.

Rompéuse a tele de pena.

Perdín a manta da cama,
No medio da rua,
Agora paso frío polas noites.

Rompín tamen o vaso da auga,
E estou sedienta polas noites.

Esquencín a paciencia,
Asi que agora fico esperta cada noite,
Tremando de sede.

13 febrero 2006

L¨extraordinaire destin de Madame Brounette

Sen buscalo, nesta última tempada estou a coincidir moito con África.
Non ten máis misterio que a programación temática do fórum e algunha que outra coincidencia librística.
O último filme foi L¨extraordinaire destin de Madame Brounette, dirixida por Moussa Sene Absa, do cal xamáis escoitara falar antes. O título recorda irremediablemente á peli de Amelie Poulain, pero non se parecen en moito máis que no protagonismo feminino e no francés.
A presunta senegalesa Rokhaya Niang é tan longa como atractiva, e non falo só de fermosura. O carro colorido que conduce diáriamente vendendo productos polo mercado, ao mellor precio e co seu nome debuxado, ben podía sair da pintorésca película europea.O resto non.
Sinceramente gostéi máis da peli parisina, pero non deixen de vela: reflexa ben a vida en común do pobo senegalés, instintivamente sociable coma todo africano, e inebitable en parcelas de cartón e chapa. Fala dos matrimonios, de divorciadas (ela por exemplo), e da corrupción e o abuso de poder entre os pobres, peor que o de serie.
Tamén fala dun asasinato.

Falando de Africa e de morte....onte lin a seguinte frase:
“Cando morre un ancián en Africa, é como se aredese unha biblioteca”
Pregunto: ¿qué arde cando morre un neno?

08 febrero 2006

Cezi


Estou disfrutando coma unha nena da versión de Lágrimas Negras interpretada pola sempre maxistral Cesárea Evora.

Ao principio Cesárea facíame vomitar: meu pai levou moito tempo o seu disco no coche, e a miña mente inconsciente terminou por asociar a sua voz mansa coas mareantes curvas. Con Julio Iglesias tamén me pasa, ainda en quieto.
Pasado o tempo, nacido o bello, aprendín que esa muller peculiar é unha xoia. Tranquilizame escoitala, e fico obnubilada con moitas das suas cancións.
Dende Cabo Verde, dende o 1941, Cezi para os amigos di google.
O millor é vela en escena: descalza e sentada a unha mesa cunha lampariña, apura o pitillo, bestida coma calquera parece dentro dunha obra de teatro . Na nota xusta, érguese e comenza a cantar, coma quen pon un café dos ricos.

24 enero 2006

Os ruidos non matan

Os ruidos non matan.
Poden dar sustos de morte e tinxirche o rostro dun pálido mortecino.
Poden preceder e anunciar.
Os ruidos poden incluso silenciar unha morte escandalosa.

Cando aparece o morto no ceminterio, bate unha ola de silencio.
Os que portan o ataud, escoitan perplexos o ruido que fai o corpo movéndose na caixa.
Logo a noble madeira brilante ao se rasgar co cemento, en varios chirriantes impulsos ate o fondo do nicho.
O cura salmodiando cun tono molestamente insensible, ruido automático.
Sorberes de mocos polo baixo e un grito profundo que corta o tempo e a respiración.

As vágoas e a quietude non soan a nada, pero deixa escoitar mellor as palmadas na espalda e os murmullos compasivos, que coma bicos intentan dar ánimo inutilmente.

19 enero 2006

Eu poño, ti pos, él pon.


Recorto divertida a seguinte foto do xornal:
É un edificio da Habana, Cuba. O cartel puxoo un ianqui afincado, o xefe da Oficina de Intereses de EEUU na illa. O nome da delegación si que non sei quén o puxo.
Logo, o Comandante da vexiga infinita, plantou ao carón do lugar, a modo de contestación, varios cartéis ben riquiños con explícitas fotos das torturas en Irak ¡Toma!. Cuán elegante e costoso é o diálogo por aqueles lares, e por estes.
Duas páxinas máis tarde da foto, leo tamén divertida uns titulares sobre o país que impide polos Dereitos Humáns:
Ejecutado en California un hombre de 76 años ciego, sordo, diabético y en silla de ruedas.
Bush, demandado por mandar espiar a los norteamericanos.
Kenia, sola frente el hambre.

kenia, Kenia, Kenia. A terra dos safaris e as árbores de copa plana, coma setas xigantes. Ese pintoresco país onde os guías turísticos explican con voz monótona: Señores y Señoras, mantengan sus brazos dentro de los límites del vehículo, de lo contrario podrían sufrir una mordedura fatal de niño famélico, gracias.

10 enero 2006

Elderli

A xente vella non desexa vivir máis tempo.
O que desexa é sentirse viva.

07 enero 2006

Continente quemado.

Tecleo a modiño ao abrigo da canción principal da peli La vida secreta de las palabras, que non vin; e mentres que o fago non podo lembrar outra música que insistentemente tarareéi dende que os reies trouxeron os paquetes: a canción de Los chicos del coro.
Non lembro tampouco a banda sonora de El jardinero fiel, nin sequera a canción fantástica que entra cos créditos. Teréi que volver a vela.
Cando saín do cinema, de ver esta última, ficamos un bo anaco en silencio. Apenados. Non se pode comparar con Hotel Ruanda, en drama; pero non deixa de ser unha fotografía da Africa sangrante. I oxe que teño un novo libro con excelentes imaxes e pensamentos do continente tostado, mirando pra él, e como a primeira idea que rompeu o silencio tras do filme pensei, que os últimos decenios da historia Africana han ser a vergoña máis ferinte, a realidade máis insoportable da que o mundo está sendo espectador. O que cala otorga.
Nen Xudeos, Afganos, Irakies... Sinto que o de Africa e deixar que a inocencia que lle queda ao mundo, o respeto á terra, a integración da familia, a CALMA, os corpos e ollos nús se asasinen a machetazos. E deixar que todo se infecte de sida, e caian de sede como pétalos secos.

02 enero 2006

palabras

E as miñas palabras, sentíronse tan abandonadas coma as follas vellas caidas, que tinxían os pes do bosque esquelético de laranxa, ao dobrar o camiño.
Igual que penso na estampa , penso en vos palabras.
Igual que o tupido de caídas, coloreades o meu bosque esquelético.

21 diciembre 2005

Guido Tuveri

No mundo hai persoas que fan cousas que nos soñamos facer. Hainas.
O cal debería provocarnos envidia, como as mandarinas.
E habitual que disimuladamente, os prexuizos se acoplen coma un traxe feito a medida. Esquencemos, disfrazamos ou esquivamos a angustiosa idea de aquelo que de nenos houberamos contestado a quen preguntase polo noso destino. Peor, esquivamos aquelo que houbesemos contestado de maiores.
Lapidamos, travestimos a xornalistas con gabardina e libretas Moleskine; a artistas de boa labia que pasan as horas da noite entre amigos no Palmar; a persoas que pasan as horas da noite entre amigos. Matamos a caladas a médicos de Mauritania, a viaxeiros con boa memoria, a escritores sen loucura. En fin, cada un un.
I non é triste cando as circunstancias limitan o sendeiro. E patético cando sucede por, medo, covardía, PEREZA, estrés: por que non mandache-la carta, colliche-la porta nen fuches a preguntar, ou estabas durmindo.

Guido ten unha escola no medio dun bosque. Non ten paredes, tan so un teito e o chan. Vive da danza, da creación. Baila con viaxeiros, nese minimundo por espacios de máis de dez horas, durmindo, comendo con xente. Guido di que Coruña se parece a New York.
Mira francamente aos ollos coa serenidade de quen fala sempre mirando aos ollos. É un duende sorrinte con pinta de indú, que vive do que desexaría ser de maior.

17 diciembre 2005

Busco elefante, ou xirafa.

Qué curioso cómo parece mellor a música en francés.
Estou descobrindo a Cathy Claret. A primeira canción que escoito está ben, pero como fondo. Unha tele prendida mentres fas os deberes. Sen embargo a segunda é outra cousa. Un francés que lle otorga profundidade ao mensaxe do cal no capisco niente. Parece inclusive que ten mellor voz....en fin habería que facer un estudio serio sobre os efectos miragrosos que provoca o francés activo.

Pero eu do que quero falar oxe é de animais de goma con mirada viva. Ben feitos, vaia.

Andaba eu taquicárdica, agobiada, rodeada de xente con miradas de rapiña e paso rápidísimo. Con determinación absoluta ou náufragos coma min, nada de intermedios...cando derrepente ¡bum! encóntrome diante da estantería dunha tenda de xoguetes, repleta de animais.

As cabras coas cabras, o hipo con boca aberta ou pechada (pechada); cocodrilo e caimans (co morro moi afiado, aclara); canguros e camellos (sipis); monos, guepardos(sipi of course), búfalos e fantásticas orcas, enormes.
Mágoa que non quedasen elefantes nin xirafas.

Por suposto decidín que ese era un bo regalo de nadal. Teño a quén, oblígame o porqué, e teño cómo; así que encantada comprei tantas figuras como puiden pagar.
Tiñades que velas, da gusto: son sólidas, fidedignas, expresivas e asequibles. O último impórtame a min, pero o outro significa que un neno vai a recibir un regalo incrible. Deses que lembras cando esquences casi todos os detalles.
Ollando pra eles, en formación surrealista enrriba dunha mesa...instintivamente sae unha man e monta ao mono enrriba do hipopotamo, e sorris (comprobado). E logo moves o camello así como lentamente, altanero, con esa mirada de me das igual. E pousas o guepardo delicadamente e miras atento. Porque é fermoso e elegante.
E guardas todo outra vez no paquete entusiasmada, imaxinando a cara do neno; sabendo que non se vai a atrever a meter o dedo fino na boca ameazante do caimán, con ollos de reptil malo.
Sabendo que quizáis lle tire o gordo hipopótamo á sua delgada irmá.
Pero entusiasmada e satisfecha, ainda que o fiso non pegue.

14 diciembre 2005

Amanece que non é pouco.

Oxe amanece fodidamente temprano.

Pero AMANECE, que non é pouco.
****

13 diciembre 2005

Intuición Perdida

...en el segundo cuadrante, segmento; en el tercer cuadrante, volumen;y en el cuarto cuadrante, perdemos la intuición.

Entón...¿Cando eu fico calada e distante, i él me pregunta se me doe a barriga...que é subnormal ou só está no cuarto cuadrante?

12 diciembre 2005

Malas Temporadas

Non vou a escribir sobre o filme que se estrea estes días, tan so lle copio o nome.

Oxe teño que falar dunha mirada que vin.

Dun abrazo inusual cun suspiro triste de verdade, e do aro delator que rodea os ollos.
A pel marcada, e a expresión absorta; un par de palabras descolocadas e risa a destempo.
Do sutil acurtamento do lombo e baixón no tono de voz.
Da desorientación e a palidez fea .

O peor das malas temporadas, é que se notan.

11 diciembre 2005

O primeiro

Teño as entrañas oxidadas, soño persistente e vagueza diagnosticada.
Necesito berrar dende o silencio tupido, e estremecer como llanto polo oco da escaleira.
Tamén quero bailar contigo que me miras, e sorrir parecendo tímida. SuSurrar.
Tomar unha copa e deixarte a deber.
Algún día rimmel corrido e vaguedades, normal.
Pero de silencio, nada máis que o títalo.