04 abril 2006

Do grosor dun fio, son as distancias.

De vez en cando miro, non podo evitalo, aos que miran lonxe.
En frente, no tren, ela enfocaba o cristal de fondo cambiante, co rostro quieto. Miraba tan lonxe que non miraba, por iso eu non saberéi nunca o que busca.

De tan pegados que durmiron, de tan sudados, untados...de tan, ficaron lonxe.Tan lonxe como os dous extremos da cama no inverno, estaban a cabeza del da mente dela.
Disque a primeira vez que te cuestionas se amas a alguen, é que non o amas. Ela sabía inconscientemente que non, de sempre. E él tan so pensaba que ela miraba lonxe.

Cando fixen aquel camiño por primeira vez, era distinto. Non o camiño, que é sempre igual, senon eu. Fun con pasos de aire. Camiñei coa mente traballando, asimilando; camiñei coa mente. Así que non me cansei, nin aburrín, nin pensei cánto lle quedará a este camiño, por que no intre en que reparei na distancia, xa chegara.