21 diciembre 2005

Guido Tuveri

No mundo hai persoas que fan cousas que nos soñamos facer. Hainas.
O cal debería provocarnos envidia, como as mandarinas.
E habitual que disimuladamente, os prexuizos se acoplen coma un traxe feito a medida. Esquencemos, disfrazamos ou esquivamos a angustiosa idea de aquelo que de nenos houberamos contestado a quen preguntase polo noso destino. Peor, esquivamos aquelo que houbesemos contestado de maiores.
Lapidamos, travestimos a xornalistas con gabardina e libretas Moleskine; a artistas de boa labia que pasan as horas da noite entre amigos no Palmar; a persoas que pasan as horas da noite entre amigos. Matamos a caladas a médicos de Mauritania, a viaxeiros con boa memoria, a escritores sen loucura. En fin, cada un un.
I non é triste cando as circunstancias limitan o sendeiro. E patético cando sucede por, medo, covardía, PEREZA, estrés: por que non mandache-la carta, colliche-la porta nen fuches a preguntar, ou estabas durmindo.

Guido ten unha escola no medio dun bosque. Non ten paredes, tan so un teito e o chan. Vive da danza, da creación. Baila con viaxeiros, nese minimundo por espacios de máis de dez horas, durmindo, comendo con xente. Guido di que Coruña se parece a New York.
Mira francamente aos ollos coa serenidade de quen fala sempre mirando aos ollos. É un duende sorrinte con pinta de indú, que vive do que desexaría ser de maior.